[p.313]
Caitano sintiu unha gran pena, cando os médecos lle dixeron
qu'era
necesario levar á Delores á un manicomio, pra curarlle a loucura,
y-asi e todo que non respondían de que curase.
Dáballe por pensar que estaba casada con
Estebo.
Levárona pois á un manicomio, e dempois
Estebo xa non pensou mais qu'en ir á casarse con Mingas canto máis
antes.
Pra Caitano foi motivo d'outra gran pena,
cando viu o compormiso qu'Estebo tiña e se convenceu de que estaba
resolto á casarse con Mingas.
Non abondou facerlle presente o rico que xa
era, nin a posición que podía adiquirir a o adiante, nin os halagos
que ll'ofrecía o mundo casándose con unha siñorita ben aducada e
rica como a merecia, nada ó torceu, pois á todo contestaba, que sempre
s'entendería millor con Mingas, porque nunca teria que botarlle na
cara faltas que non lle deprenderan á salvar, nin aparecer como
inferior en aducación ôs ollos da muller propea.
Casareime con Mingas, lle dixo;
virémonos entrambos pr'aquí á vivir con vosté e con esa neta, si
non quer separarse de nosoutros; iremos a o mesmo tempo deprendendo os
dous esa aducación
[p.314]
que inventaron os ricos pra tratarse, que supoño que logo se nos ha de
pegar e que drento de pouco podremos, eu y-a miña muller, entrar n'ese
gran mundo de que vosté me fala tantas veces, no que non penso que se
atope máis felicidá que no que hastra d'agora levo conocido, cando
hay amor y o bastante pra vivir.
Caitano non tivo máis remedeo que consentir,
pois ben sabia qu'Estebo, qu'herdaba o seu caraute, era moi capaz de
deixalo todo e marcharse á cumprir o seu xenio.
Unha vez qu'Estebo estaba resolto á vir á
vivir co a sua muller á Bilbao, non se perdia todo, y-esperaba pasar
feliz a o lado d'éles, os anos que lle quedaban de vida.
Mandáronll'unha carta á Berta anunciándolle
o dia que chegarian todos á Lugo, onde pensaban parar Caitano y-a neta,
namentras se preparaban todal-as cousas do casamento, y-ademáis pra
poder ir e vir â aldeya cando conviñese,
A os poucos dias, salian todos xuntos pra
Galicia.
Estebo iba moi ledo e non facía máis que
cavilar na maneira d'engañar á Mingas, pois xa supoñia que s'habia
de correr no lugar, qu'él fora pol-os papés pra casar con outra,
porque Berta nin o crego non habían de calalo,
Pensaba dicirlle que todo fora unha comedia, e
que non sacara os papés máis que pra casarse co-ela.
Pró por moito que discurría non atopaba unha
disculpa que fose de crer e que valese dous cartos.
Por fertua non lle fixeran falla as disculpas.
Mingas queríao tanto que non chegou á facer-
[p.315]
lle cargo ningún. Abondáballe que viñese á casar co-ela.
Cando chegaron á Lugo estábanos agardando
Berta y-o seu home, que pol-a tardiña saliron con Estebo pra aldea,
quedándose n'unha fonda Caitano y-a neta.
Berta choraba de leda. Habia tantos anos que
non vira á Caitano, que lle custaria caro conocelo sinon ó vira chegar
con Estebo.
Tampouco Caitano conoceu á Berta. Variara
moito. Os traballos d'unha muller casada n'aldea avelléntana moito
y-a frescura da xuventú, pérdese logo, sobre todo habendo poucas
comodidás n'unha casa, e tendo que sufrir a miudo as incremencias das
estaciós, e que resistir os moitos cansaceos que produce o duro
traballo da terra e dos froitos, y os diarios desvelos que precisa o
coidado da facenda e do gado, tendo que contentarse con unha comida,
onde a carne, si se bota a o pote, vai ben tasada, pois moitas veces, e
na maor parte das casas, gracias a o unto con que s'adova o caldo pode
comerse, porque é a úneca grasa que leva.
Estebo non quixo ir a casa de Mingas hastra o
outro día de chegar á aldeya.
Ergueuse moi cedo, e cando coidou que estarían
direitos na casa de Mingas, foi en busca d'éla.
Entrou pol-a porta da aira, e non vendo á
naide, foise indo sin querer hastra a horta pra agardar alí á vela
salir e facerse o encontradizo.
Inda ben non abrira o portelo, cando a viu
arrodillada diante da carabeleira.
¡Mingas! dixo Estebo todo sorpreso
a o vela d'aquel xeito.
Mingas a oir aquela voz tan adorable pr'ela,
[p.316]
coidou qu'era un sono, pró a o mirar pro-lao donde salira, e a o ver
á Estebo, ergueu os ollos a o ceo e dixo.
¡Gracias, Dios mio!
Y- erguéndose co-a lixeireza que puido, porque
lle fraqueaban as pernas co-a emoción que sentía, foise correndo hacia
Estebo y entrambos s'uniron en estreito abrazo.
Mingas deixou caer a cabeza sobre do peito do
seu amante, vertendo vagoas preñadas d'amor e d'alegría, porque a
y-alma lle decía qu'iba á ser feliz, e que n'aquel dia s'acababan pr'ela todal-as penas, porque iba á ser dona do amor
d'Estebo.
Nunca perdin a espranza de que a o cabo,
virías á casarte comigo.
¿Nin agora o últemo tampouco?
Tampouco. Cando me diche a cruz de
salgueiro qu'estabas labrando co-a navalla o dia que te dispidiche de
min, viñen á espetala no medeo d'esa carabeleira, qu'era onde a
debía gardar, entr'as frores qu'alegran a vida, porque convidan á
amar, y entr'as espiñas, porque é imposibre amar moito sin sentir de
vez en cando no corazón as espiñas que cravan as contrariedás da
vida. Esa cruz enverdeceu, y-esa cruz, será a que bendecirá o noso
matrimoneo, ¿n'everdá meu Estebiño?
Si muller, pró quero vela eu tamén.
Mingas apartou co-as suas pequenas maus as
follas y-as ramas de carabeleira, e insiñoulle á Estebo a mesma cruz
qu'él fixera, da qué por moitos sitios saliran gromos qu'agora
medraran, hastra salir as follas de salgueiro por encima das da
carabeleira que lle sirvira d'abrigo y-amparo.
Ahi a tés.
Ben a vexo. Coidado que prendeu d'alma.
[p.317]
Según medraban os gromos que salían d'ela así tamén
s'afianzaba a miña espranza de que â postre ti t'habías de casar comigo.
Eses son abusos e tolerías que credes
doadamente as mulleres, âs que vos antusiasma todo canto ole á milagre
e todo ó que vos parece estupendo.
Serán abusos, pró d'esta vez non
mintiu o meu corazón. ¿N'é verdad? Lle perguntou á Estebo
facéndolle un mimo e votándolle unha mirada chea d'amor.
Tanto é verdá, que mañá mesmo nos
casaremos, si se pode dar todo amañado. Quero que hoxe mesmo vayas con
teu pai á Lugo catal'a dispensa das municiós. Pouca vida lle queda á
esa cruz que foi a fonte da tua espranza, porque mañá cortareina,
labrareina, levareina á bendicir, e será testigo da nosa
eterna unión.
Dios cho pague, Estebo, non esperaba
menos de Dios, nin de tí. Vamos á ver á miña mai, porque hoxe daslle
a alegría máis grande que levou na sua vida. Tanto ela como meu pai
están mortos de delor e de pena pol-a miña disgracia, y-eu, si ti non
viñeras, non me quedaba máis remedeo que baixar á sepultura cos
disgustos que m'agardaban.
Vamos logo, pró quero que dende hoxe
haxa festa y-alegría nas vosas almas e nas de todos cantos ben nos
queren. Son rico, meu pai agarda en Lugo pra vir á nosa boda. Irémonos
co-él e d'hoxe endiante no nos faltará nada.
Dempois de casarme vou contigo o cabo do
mundo, porque a miña felicidá non está máis que a o teu lado.
Siguiron facéndose mil ardentes protestas d'amor y-entraron na casa
pr'enchela d'alegria.
[p.318]
A os tres dias casáronse, sendo Caitano
padriño y-a mai de Mingas madriña.
A boda fíxose en Castelo.
A noticia correu com'o aire por tod'a
redonda, e houbo unha ruada d'aquela casta; como non acordaban outra os
máis vellos do lugar.
Por causa do estado de Mingas, acordouse
agardar en Lugo á que salira d'él, e dempois fórons'a vivir á
Bilbao, onde foron moi felices e chegaron á figurar moito entr'a crase
máis distinguida d'aquela sociedá. |